463
Publicado o 2025-02-12

A fascinante poética do despece, filloas de sangue, as dagas das musas da noite, un carniceiro vegano, un vampiro bronceado, un cristo cravado a un pau e unha orella botando fume ate o fodido límite. Menuda selva unha noite calquera mesmo na Reixa ou no Bar-Tolo. E na vida, hai veces, que hai que saber ter determinación e tomar boas decisións mentres o señor este inventa coreografías caralludas e non para de tocar rock&roll para dummies, pop para zombis e punk para grilados. O caso é gozalo ben e seguir bourando decibelios, pensa. Niso estamos mentres preparamos o coitelo da matanza para a cerimonia que ven. Hoxe pode ser San Martiño, querid@s. "Despezareite" é o corte 5 da cara B de "Xabral" (Lobicán Records 2025). Canción gravada e producida por Kaki Arkarazo nos Gárate Studios en Andoain (Gipuzkoa-Euskadi). Video feito e aquelado por Diego Pérez (@diebujitos) Contacto e contratación NAVE DE LATA - LUNEDA PRODUCIÓNS +34 646 165 044 +34 666 653 835 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.