513
Publicado o 2025-02-27

Videoclip gravado nos Pouland Studios durante as sesións do noso disco, Ao Revés Do Mundo. Sere-Bros Destruídos é unha sátira sobre as estafas do coaching e do crecemento persoal. Estamos plagados de vendefumes que transmiten leccións de egoísmo ás novas xeracións. Na canción temos a sorte de contar coa colaboración do noso amigo Ula Mayo, vocalista de Monoulious Dop. Canción producida por Iago Pico en Pouland Studios. Videoclip producido por 035 Visuais. LETRA O camiño a percorrer É o que marcan os meus pés. Non es ti o salvador, sempre co mesmo sermón. Lobo solitario, non cazas presas sen roubar os froitos do terreo alleo. Buscar ineficiencias, ti sempre podes dar máis todos motivados non quero fucking panzas, bro. O camiño a percorrer É o que marcan os meus pés. Non es ti o salvador, sempre co puto sermón. Non ves? Perdes o tempo esquivando as balas. Apunta ben coa túa pistola chea de bengalas. Perigo constante nas redes sociais que falan de gordos e de perculais. Xente mediocre que sabe o que fai que só se dedica a pisar aos demais. É como o mundo ao revés: xa non hai que traballar, só tes que fuck entrenar, só tes que ter un lambo pa triunfar. Non vas ser o que cres. O teu fin é morrer. O camiño a percorrer é o que marcan... O camiño a percorrer É o que marcan os meus pés. Non es ti o salvador, sempre co mesmo sermón.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.