120
Publicado o 2026-01-28

Troski! O primeiro video do noso novo disco. Gran performance de Arón Manuel Toucedo Camaño, direción de Sabela Mar e apoio tecnico de Lucía Andrés. Rodado entre días de sol, chuvia e frío a primeiros de xaneiro en Mondariz e Padróns (Campolimpo e Cristo do Piñón)(Ponteareas) ? Disponible no Bandcamp de @ferrorecords e nas plataformas dixitais. ? Audio grabado en Lufs Studios ? Venres 30, estrea do disco! Grazas a Suso e Loli por deixarnos a “Barto”, a Dani polas luces, a Dolores polo coche, e a Leire pola figuración. E ahi vai a letra: “Os pitos que criamos a base de picón, o jalo vermello, o porco lambón A vaca de Hermosinda, os patos e os pirús, o medio carneiro, o jato linchú. As ocas subastadas no San Bartolomeu,Os coellos que comemos no aniversario teu. As pombas mensaxeiras, as ovellas, o xardón, todo está moi ben pero non.... Porque eu quería moito a Troski, Eu quería moito a Troski…. Eu quería moito a Troski, Troski, Troski, Troski, Levavao de paseo, a misa, e a bailar, íamos a praia, axudaba a sulfatar. Encantáballe o domingo ir a Mondarís, merqueille unha gorra, e crema pa narís. Era de compañía, era cazador, rillaba nos juesos, corría de redor. O lado da casa, fíxenlle un altar, e tódolos días lle vou a rezar. Porque eu quería moito a Troski Eu quería moito a Troski… Eu quería moito a Troski, Troski, Troski, Troski