103
Publicado o 2026-03-30

Artista: DAKIDARRÍA Canción: A Primeira Estrela Que Saia (Maldito Records, 2026) Maldito Records (c) A PRIMEIRA ESTRELA QUE SAIA Estabamos sentadas fronte á praia buscando a primeira estrela que saia, respirando mar coas mans entrelazadas. Os raios de sol coloreaban as túas meixelas douradas mentres mamá nos miraba. Momento perfecto para contarche que o mellor da vida é cando se comparte, que abraces a arte e que tomes parte, que sempre imos estar vencelladas a ti aínda que fuxa a vida, que este amor que temos é a miña menciña e que quero apertarte, conxelar este instante como unha fotografía. E aproveitar para explicarche que dun xeito incontestable as agullas do reloxo xiran. Que máis tarde ou máis cedo todo termina pero que han medrar flores no medio das cinzas. Pecha os ollos e verás, non podes volver atrás agora que a vida empurra só tes que bailar. Ás veces deixarte levar, outras marcar ti o compás, para topar coa felicidade é importante estar en paz. Non caias na falacia da felicidade iso vai e vén, son instantes esta noria sube e baixa ás veces todo encaixa, outras veces non. Elixe ben con quen fas o camiño a quen lle ofreces guerra e a quen aloumiños non creo que haxa un destino ti mesma tes que escribilo. Non sei dicirche máis nada, como aquel vello poeta, só que o noso barco navegará contra vento e marea. Pecha os ollos e verás non podes volver atrás agora que a vida empurra só tes que bailar. Ás veces deixarte levar outras marcar ti o compás para topar coa felicidade é importante estar en paz.