110
Publicado o 2026-05-18

Neste 2026 homenaxeamos a Begoña, á inesgotable Begoña Caamaño. As Lobas quixemos sumarnos á homenaxe mergullándonos no imaxinario da súa novela “Morgana en Esmelle”. Nela, Viviana, a tía de Morgana, representa a resistencia feminista: a negativa a ser un peón no deseño de ningún home, por moito que se revista de idealismo. “A Merlín” é unha carta que imaxinamos en boca de Viviana, interpelando a Merlín, que simboliza a orde patriarcal e o sacrificio das liberdades individuais. Unha declaración que conecta co momento actual no que percibimos como certas ideas con cheiro a antigo parecen estar volvendo a saír dos baúis onde as criamos sepultadas para sempre. FICHA TÉCNICA Música e letra: A banda da Loba Letra do cántico final extraído de ‘Mujeres del Mundo’ de Silvia Palumbo Produción: Arturo Vaquero e A banda da Loba Gravación e masterización: Abrigueiro Estudios Dirección: Sonia García e Lara Caeiro Dirección creativa, escenografía e arte: Lara Caeiro Dirección de foto, montaxe e cor: Miguel Barcia Dirección de Produción: Lara Caeiro Axudantía de producción: Álvaro Iglesias, Mara Pin e Eila Rodríguez Foto fixa: Sonia García (Xouba Cromática) Equipo de vestiario: Lara Caeiro e Mara Pin Maquillaxe: Xiana Lastra Actrices: Elisa López Santamaría, Eila Rodríguez Filgueiras Agradecementos: A casa da Memoria (en especial a Patri), Galería 32 de Luz (Teresa e Álvaro) e a Aula de Ana Santiago. No videofilme aparecen as obras de Teresa Arrojo expostas na Galería 32 de Luz e reinterprétanse as seguintes obras clásicas: Vieja friendo huevos - Diego Velázquez, 1618 The Milkmaid - Johannes Vermeer, 1658 La Blanchisseuse - Jean-Baptiste Greuze, 1761 Peasant Women with Brushwood - Jean-François Millet, 1852 Woman with a rake - Jean-François Millet, 1856 Las lavanderas - Francisco de Goya, 1779-1780