4.8K
Publicado o 2017-02-03

Estamos na casa, un tema moi especial, que xa gravaramos cando comezamos ca aventura dos DOEN, o mellor tema para abrir un disco.

Moitas gracias a Xoan Tourís polo vídeo co pequeno homenaxe a casa dos DOEN, a Illa de Arousa.


DOEN - ESTAMOS NA CASA

Atopou un segundo pequeno polo que fuxir na noite
Dos noxentos demos e as fermosas damas que sempre o acompañaran
Precisou un intre entre dous buratos para esvaecer na néboa
Mentres vellos calvos e orfos nenos deixaran a princesa leda
Atacou coa alma aqueles ventos que roubaban lembranzas
E saldou as contas coas entrañas dos pobres que non teñen nada
Ignorou os designios das benditas almas por sempre condenadas
Cravando coitelos feos nas ínfimas miradas desalmadas
Resolveu o enigma das bágoas deliciosas e ignoradas
Mentres o seu veleno pegaba os anacos do mundo que estoupaba

  • Categoría Rock
  • Utilizamos cookies

    Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.