"Ai de Min!" é o tema que MJ Pérez presenta como adianto do seu novo disco que terá por título "Casandra". Trátase dunha canción na que a artista presenta algo ao que nos ten pouco habituados: Acompañada de toda a súa banda (Inés Mirás, Alberto Rama e Diego Fiuza) e coa colaboración especial de Richi Casás aos ventos, MJ presenta un tema do máis bailable cunha historia na que xoga co humor.
Este videoclip está feito pola propia MJ, gravado, producido e editado por ela, en clave de Lyric Video, e partindo dunha base do máis sinxela.
Tema orixinal de MJ Pérez
Arranxos: Inés Mirás
Arranxos Ventos: Richi Casás
Guitarra Acústica + Voz: MJ Pérez
Percusión: Alberto Rama
Guitarra: Diego Fiuza
Baixo: Inés Mirás
Gravación e Mistura: Paco Cerdeira
Máster: Chou