1.1K
Publicado o 2020-05-09

"Todo natural" é unha versión do coñecido tema “All About That Bass” composto por Meghan Trainor e Kevin Kadish. As Ramilettes revisáron e adaptárono para o seu espectáculo "Puré de Cabaret" no 2015. Naquel momento o grupo estaba integrado por: María Castro, Pedro Ínsua, Raquel López, Olaia Otero e Pepa Yañez. A versión foi concibida coma un himno de empoderamento feminino, sobre a aceptación do corpo e a liberación feminina en xeral, dende unha óptica humorística e sarcástica. Cando Man de Santo escoitou a versión das Ramilettes pensou que sería boa idea aliñala cun toque xamaicano de rocksteady e así quedou: rica, rica.. María Castro - voz Ezequiel Orol - guitarra, voz, técnico de oudoi e vídeo Alex Troya - saxo alto Mestre Rulos - saxo tenor Tony Seoane - batería Miguel García -Trombón Ara Martínez - teclados e voces Tino López - baixo e voces Colaboración especial de Martín Vázque no trombón

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.