1.2K
Publicado o 2022-06-08

SOM DO GALPOM - ANIMAIS Tema orixinal de SOM DO GALPOM (Single 2022). Músicos: GAEL BASSAVE (Voz), BRAIS BASSAVE (Violino), PABLO REY (Batería), GUILLERMO VISTOSO (Guitarra), PABLO PÉREZ (Baixo). Gravado e mesturado por: CHUCO JR LÓPEZ (BUNGALOW STUDIO, SDC) MASTERIZADO POR: GILBERT CARVALHO (BUNGALOW STUDIO, SDC) VIDEOCLIP DE ANIMAIS Guión, dirección, cámara e montaxe: MARGHE MORELLO #16THUNDERS Cámara e iluminación: MARCOS MONTIEL Interpretación: ALVARO FITINHO, MELISA SILVA, MIGUEL GENDRE E TAMARA SANCHEZ. Extras: IRIS, SERGI, ERO, VANE, VILCHES, JULIA, DIEGO, XAN, PITU, SONIA E ANTÍA. Ageadecementos: TAMBOURA FILMS E PARQUE NATURAL DE CABARCENO ANIMAIS (Letra): Existen as fronteiras, existen os países; existen as bandeiras que provocan cicatrices Pero mires onde mires os matices, son as cores que pintaron o planeta no que vives Culturas distintas, lugares distantes; xente diferente igual de interesante Cada paso, cada viaxe; culpable dos prexuizos que me inculca a sociedade Tan-tanto medo tan cobarde; tan-tanto odio tanta fame; tan-tanta guerra tanta sangue Comercian con persoas como narcotraficantes; pura demagoxia, moita hipocresía Discurso que se basa na mentira; desconfía do poder, desconfía da política E libera o pensamento dunha conciencia crítica. Todos somos animais, todas somos iguais. Somos todos diferentes, todas somos inocentes perseguindo un ideal Todos somos animais, todas somos iguais. Somos todos diferentes, todas somos inocentes perseguindo un ideal Perseguindo un ideal, cando todo é irreal… Sociedades moralmente decandentes, perigosos delincuentes chegarán a presidentes Hai xuices, tribunais, avogados e fiscais, inocentes e culpables son presuntos criminais Fieis de reis, de deus, de leis; branco, negro, rico, pobre, sur e norte ¿Para qué? Non creo no desprezo do poder, non aturo que me xulgues pola cor da miña pel Apúntame, dispárame, mátame de fame; ningúen nace ilegal, ninguén nace culpable Serei un delincuente que se nega a obedecer, emigrante clandestino porque non teño papeis. Todos somos animais, todas somos iguais. Somos todos diferentes, todas somos inocentes perseguindo un ideal Todos somos animais, todas somos iguais. Somos todos diferentes, todas somos inocentes perseguindo un ideal Todos somos animais, todas somos iguais. Somos todos diferentes, todas somos inocentes perseguindo un ideal Todos somos animais, todas somos iguais. Somos todos diferentes, todas somos inocentes perseguindo un ideal Perseguindo un ideal, cando todo é irreal…

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.