-Música: Gaëlo - Sen guerra Producido por Cromabeats https://youtube.com/cromabeats Letra por Gaëlo Gravado e mesturado por Hevi no Laboratorio Soyuz (SdC) Masterizado por Javier Roldón en Vacuum Mastering (ZgZ) -Videoclip: Guión, dirección e montaxe: Marghe Morello (16thunders) Dirección de fotografía: Marcos Montiel e David Molinero (Kakum) Producción: Angelica Riego Foto fixa: Ramón Yoshimura Interpretación: Greta Marí, Miguel Gendre, Peter Brea, Silvana Cabrera, Noela Torres, Sonia Iglesias, Ana Gutiérrez, Marcos Montiel, Mario Respreto, Angelica Riego, Esther Delgado, Duarte Álvarez e Sergi Concha Agradecementos: Bar Embora e Tamboura Films -Letra: Apúntame na frente dispárame na cara O prezo do desprezo non se merca non se paga Con armas cargadas de palabras Exércitos de berros cuestionan democrácia Despachos de fachas, fachadas manchadas Cubertas polo sangue da xente asesinada Política do medo reza o credo Bandeiras disecadas adornan este inferno Ti dime que farías sen ter que estar alerta Senón existen armas senón existen guerras Ti dime que farías sen ganas de pelexa Senón existe o odio que medra nesta terra Ti dime que farías sen ter que estar alerta Senón existen armas senón existen guerras Ti dime que farías, ti dime que farías Ti dime que farías sen odio nesta terra Detrás de cada ataque, o pobo esnaquizado Detrás de cada bala, o disparo dun soldado Detrás de cada guerra, futuro sentenciado Detrás de cada bomba, millóns de asesinatos Mortos sen rostro cubertos por escombros Corpos mutilados tirados en fosos Inocentes esquecidos polo tempo Que berran, suplican xustiza sen alento Crimes de estado borrados da memoria Silencian a verdade, contaron outra historia Historias de gloria, historias de victoria Por non falar dos pobos sometidos pola forza Esa maioría non lle importa senón aporta cartos está morta Controlan que pensamos, controlan que facemos Controlan que cagamos tamén o que comemos Ti dime que farías sen ter que estar alerta Senón existen armas senón existen guerras Ti dime que farías sen ganas de pelexa Senón existe o odio que medra nesta terra Ti dime que farías sen ter que estar alerta Senón existen armas senón existen guerras Ti dime que farías, ti dime que farías Ti dime que farías sen odio nesta terra A natura non atura esta usura sen mesura A cultura da tortura da tortura, ser humano non ten cura Apura, érguete, esperta, axuda Estate ben alerta por que todo é culpa túa O canalla que baralla na batalla nunca falla E ti vaias onde vaias nunca tires a toalla Somos almas conectadas a pantallas Está todo calculado nada cambia Senón che gusta o que che digo chamame tolo Estou acostumado sei que me queren calado Farto do goberno políticos caciques Que viven coma reis mentres todo vai a pique Minten máis que falan e nos oprimen Os ricos viven ben o resto sobrevive Ti dime que farías sen ter que estar alerta Senón existen armas senón existen guerras Ti dime que farías sen ganas de pelexa Senón existe o odio que medra nesta terra Ti dime que farías sen ter que estar alerta Senón existen armas senón existen guerras Ti dime que farías, ti dime que farías Ti dime que farías sen odio nesta terra