1.1K
Publicado o 2023-01-27

CRÉDITOS The Skarnivals - Latexo (videoclip oficial)  Dirixido e editado por @Albertolora.galunk  Auxiliar de producción Carles Montalt  Produción @Galunkproducion e @nukkaestudio  Produción, mestura e gravación nos Estudios @Estereoarte de Vigo por @abreu.javier  Actores Adrián Rodríguez / Lucía Canitrot / Carla González / Candela Lora MÚSICOS - Kome - Voz - Serxio Regos García · Voz (colabo) - Adri - Guitarra - Alexandre - Guitarra - Chavete - Trompeta - Héctor - Trombón - Javi Chanke - Batería - Txelas - Gaita - Ziku - Bajo - Carlos Lamosa Barros · Teclado LYRICS Medran os novos camiños da cultura, que non se manipula, pois é libre como a escuma do Atlántico. Skarnivals e García Mc somo pura vida. E se non nos cres. Escoita, escoita. Como é? Que as ondas do son nos leven, somos os fillos da rúa, ata que o día comece, hoxe voz seremos unha. Que a irmandade nos embriague, e nos brinde súa esencia, pois non haberá conxuro, que cure esta noite meiga. E ata quedar sen alento, non nos poderán parar. Conexión en irmandade, é a nosa identidade. Que repique na memoria esa canción que fai lembrar. Que non nos han calar! Somo o latexo, que arranca a estampida! Fundidos nun berro, somos voz unida! Entre sol chuva e tormenta, flúe a conexión eterna, medran os novos camiños, dende Tui ata Fisterra. Que non rompan as barreiras, o que a música nos brinda, dende o canto guerrilleiro, ao gaiteiro que requinta. E ata quedar sen alento, non nos poderán parar. Conexión en irmandade, é a nosa identidade. Que repique na memoria esa canción que fai lembrar. Que non nos han calar! Somo o latexo, que arranca a estampida! Fundidos nun berro, somos voz unida! Somos o latexo que arranca a estampida, se facemos festa, ven a policía. Rebeldía con alegría, cando se xuntan Skarnivals e García. Escoita o que che digo, non somos mercancía. Somo arte e festa por iso se protesta. Temos dignidade, seguimos sendo humanos. Por moito que diga o foro económico de Davos. Aquí estamos! Somo o latexo, que arranca a estampida! Fundidos nun berro, somos voz unida!

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.