320
Publicado o 2024-01-26

Gravado por Zinemusik en xuño de 2023

Aquí vos presentamos o noso novo tema, cuxo clip foi gravado xusto hai medio ano, na noite do solsticio de verán na nosa vella e bela Auria.
Neste tempo cambiamos o pantalón curto polo gorro de la e a fogata pola lareira pero seguimos a ser os mesmos 6 camándulas que tanto gostan de Amalavida.
Os grupos grandes teñen pipas, técnico de son, técnico de luces, (community e road) manager e unha chea de xente traballando para eles cunha chea de nomes en inglés... mais NÓS TÉMOSVOS A VÓS. Nada máis. E nada menos! Compartide se vos presta e oxalá o gocedes case tanto como o gozamos nós “actuando”.