5.2K
Publicado o 2018-06-03

A nova MEKANIKA Rolling Band nace da reinvención das tradicionais charangas, converténdose nun espectáculo de rúa total, cunha forma única de interacción co público, un repertorio renovado que inclue dende o balkan máis moderno a adaptacións de temas tradicionais en reggae e ska, rock and roll e todo nun estilo de brass band apoiada con instrumentos eléctricos. Todos amplificados sen cableado, imos acompañados noso escenario rodante autopropulsado, equipado co caldeiro do batería, luces, e mesmo lanzachamas! Pero ademáis, presentamos temas propios e precisamente dun dos nosos últimos temas propios fixemos este videoclip, gravado nas rúas de Santiago, e que dado o momento actual na política con respecto as prohibicións de concertos nos locales, parece que resulta máis apropiado que nunca! O pasarrúas máis brutal endexamáis filmado, percorrendo as rúas de Santiago coa proclama da música como cultura e a reivindicación da festa!

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.