939
Publicado o 2020-04-07

Xuntamos forzas coa gran guerreira da gaita, a soñadora do fol, a herdeira da maxia galega feita coiro e madeira! Xuntos, aínda que dende a distancia, presentámosvos este arranxo do seu "Terra de loitadores" para romper as paredes do tedio e para que non esquezamos nos momentos duros que somos unha terra de loitadores e de soñadores. Bailemos e berremos con orgullo dende tódalas fiestras e balcóns un gran SI! que alonxe toda a negatividade que nos ameaza! Canción Orixinal: - Susana Seivane e Iago Rodriguez (2014) Arranxo: Mekanika Rolling Band

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.