359
Publicado o 2020-11-19

Videoclip realizado dentro do programa #aculturasegue Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021. Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da Covid-19 da Xunta de Galicia. O vindeiro 22 de novembro de 2020, Día Internacional do Músico lanzaremos o seguinte videoclip do disco "Músicas de Domingo", segundo traballo discográfico de Nelson Quinteiro xunto a Brais González. A proposta é unha peza de video-danza realizada por Pio Cribeiro como un "shinrin yoku" ou "baño de bosque" na que os integrantes da Compañía Nelson Quinteiro se mergullaron nun piñeiral centenario para deixarse mecer nunha montaxe na que o simbolismo e a cor se recrean nunha mensaxe ecoloxista e de volta á natureza. Cunha peza musical que foi nominada na categoría de "Mellor Adaptación dun Tema Tradicional" nos XIX Premios Opinión de Músicas de Raíz, o resultado é suxerente, evocador e moi visual. Con Iván Davila, María Cordeiro, Laura Casás, Yohel Santos, Manuel Albariñas e Nelson Quinteiro no movemento e expresión. Agardamos que o desfrutedes!

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.