348
Publicado o 2021-04-10

"Florencio é unha homenaxe á tradición, ao popular, ás raíces. Ao poder e á verdade do simple e do auténtico. A todos aqueles que cultivaron e coidaron as sementes que fixeron agromar o patrimonio que hoxe atesouramos. O título fai referencia a unha desas figuras imprescindibles, O cego dos Vilares, creador e transmisor de músicas e historias populares que facía nacer do seu violín e da súa gorxa, e que espallaba despois polas aldeas e montañas da Fonsagrada. Florencio é un tema a dúo gravado en riguroso directo, espido e sen maquillaxe. Simple e sincero como a semente da que nace. Tocado coas entrañas e bailado coas mans. Poderoso e explosivo. Ei van unhas xotas… Aire!" Este vídeo non sería posible sen Mari Luz Santos, Olaia Tubío, Alejandro Gándara, Sinda Cundíns, Xosé Ameixeiras, Eloy Costa, Xosé María Varela, Gutier Álvarez, Ramón do Serrador, Apel·les Carod e Lucía Estévez. Agradecidas a todas as participantes: Sara, Pilar, Esther, María, Manuela, Susana, Sonia, Evangelina, Cristina, Pepe, Delores, Manuel, Perfecta, Teresa e Basilisa. Dirección : Antía Ameixeiras Gravación : Olaia Tubío e Antía Ameixeiras Montaxe: Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras Corrección de cor: Leticia T. Blanco Florencio, peza pertencente ao disco Aire! (2021) Trad. Repertorio de Florencio, o Cego dos Vilares Arranxo : Caamaño&Ameixeiras Produción: Diego Galaz "Florencio" Caamaño&Ameixeiras © & ℗ Microscopi 2021 ISRC: ES56X2100033

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.