478
Publicado o 2021-05-10

Voz e Arranxos vocais: Silvia Pérez Cruz Acordeón: Sabela Caamaño Violín: Antía Ameixeiras Clarinete: Carola Ortiz GAL: Maneo de Cambre é un dos temas máis íntimos e intensos de Aire!. Á sonoridade do violín e o acordeón, fío condutor constante, súmase aquí a maxia infinita de Sílvia Pérez Cruz á voz e a expresividade de Carola Ortiz ao clarinete. Xuntas reinterpretan en feminino este tema tradicional da Costa da Morte (Cambre, Malpica), que cruzou o Atlántico seguindo o curso da emigración ata Carabobo (Venezuela), onde foi recollido por Xurxo Fernandes. O tema musical faise imaxe en movemento a través da mirada sensible de Lucía Estévez, a danza de Fran Martínez e a interpretación de Raquel Espada. Maneo de Cambre é, por tanto, unha viaxe de ida e volta feita canción e lamento; un berro e un murmurio que fala de anhelo e de perda. De cambio e aceptación. Do intento imposible de reter algo que irremediablemente se escapa das mans. Do efémero e, sobre todo, do eterno.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.