353
Publicado o 2021-05-19

TAN LONXE DE TI Terra de meigas e sabios, onde o firmamento tinguíuse de gris, veño cantando as cantigas que sempre escoitei ó lembrarme de ti. Retumban nos piñeirais, outeiros e vales e fanme sorrir, xogan entre os carballos, pousan nos prados e foxen e min. ¿Onde irán tan lonxe de ti? Voltarán, voltarán vir Desde os teus catro costados tódolos paxaros tiveron que ir, antes de chegar o maio levando aínda o saio voaron de aquí. ¿Onde irán tan lonxe de ti? Voltarán, voltarán vir Levo unha pena no peito non dou desfeito a morriña de ti, non pode haber outro xeito que erguerse dereito e deixar de durmir ¿Onde irei tan lonxe de ti? Voltarei, lévame pra alí Lévame polos carreiros, lévame, lévame que eu quero ir, cólleme con agarimo , miña naiciña que xa estou aquí A Banda: Gonzalo Arca (Voz e coros) Nacho Pérez (Piano, baixo,sintetizadores e palmas) Pepe Santamaría (Percusión) Isiña Porto (Coros) María Porto (Coros) Eric Surmenian (Sarangi) Letra e música: Gonzalo Arca Gravado por Nacho Pérez e Alejandro Bolívar en Dreamsville Studios (Vilagarcía de Arousa) e La French Co. (Vilanova de Arousa). Mesturado por Alejandro Bolívar en La French Co. Producido e arranxado por Nacho Pérez. Masterizado por Rubén García. VIDEOCLIP Gravado por Óscar Piñeiro. Dirixido, editado e montado por Gonzalo Arca.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.