321
Publicado o 2021-06-22

Fixe Trío presenta en directo o seu tema orixinal Sempre Fixe Agradecementos a Efectos Navales Jesús Betanzos pola decoración náutica, a Quique e Montse da Asociación Remadoira polo convite para saír a navegar coas súas fermosísimas embarcacións tradicionais recuperadas, e a Diego Bea pola súa profesionalidade, paciencia e cariño. Producción - @beabesadahomestudio RRSS Fb: @fixe.trio Ig: @fixe.trio ?⚓ Media viaxe percorrida coa brúxula e compás como saída e unha calma inquedante de verme sóa, á deriva Con todo e sen nada, no rumbo da marea fluctuante a carta coa rosa dos ventos e os astros refrexados no sextante Fai por virar Se a estrela marcada non me deixa atopar pecho o mapa e sigo a navegar Os pulos abren velas do nordés ven un cantar eu vou Sempre Fixe! brilla a ardora no mar E no silencio da ausencia do vento, a escuma branca vése saltar baten frías as ondas no navío coa aparición doutro animal tantea a balea coa sua aleta una illa dun mar de plástico rompe consciente a barreira elixindo así outro final Fai por virar Se a estrela marcada non me deixa atopar pecho o mapa e sigo a navegar Os pulos abren velas do nordés ven un cantar eu vou Sempre Fixe! brilla a ardora no mar E como dunha chave se tratara foi apertura esa visión pois teño océanos por descobrir se atopo en min a decisión O que me trouxo ata aquí, ese lixo, non é o destino Un lenzo en branco na bitácora, tódalas frechas de dirección Fai por virar Se a estrela marcada non me deixa atopar pecho o mapa e sigo a navegar Os pulos abren velas do nordés ven un cantar eu vou Sempre Fixe! brila a ardora no mar

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.