341
Publicado o 2021-10-18

As ferreñas son as uñas contra o granito e o canto aberto da muiñeira é o puño esfarelando un torrón As pernas arrepoliñan no camiño o baile despois dos traballos o frío tolle as maus e a pandeireta é un roubo que lle fixemos ó vrau Hai unha gaita que lle chaman grileira o grilo ten o alento da creación As uñas medran para marcarche o lombo e chove porque as uñas mandan nas nubes cando non van moi altas Deus baixou hoxe axudar no sitio dunha vaca coxa e preguntou o home, Chegaralle co caldo? Tanto era o cariño que esmagaba as uñas contra o pandeiriño 'Celso Fernández Sanmartín'

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.