677
Publicado o 2022-12-27

PALMIRA SWING (tradicional – arranxos Fixe Trío) Blanca Marigómez: cello e coros Joel Fontan: guitarra e coros Xela ConFer: voz e melódica Gravación de audio en directo e vídeo, mezclas e masterización por BeaBesadaEstudios. Corpo de baile: Cristina Barrón , Nerea, Jenglemad, Constance Hurlé , Pablo Ojea , Itziar Solar, Pablo Dosio. Agradecementos: A Vicente eo pub Mr Moch por facer sentirnos como na casa. As bailarinas e bailaríns por darlle a chama que precisaba este tema para brillar. A Diego Bea Besada, pola sua íncrible profesionalidade e facilidade para facernos sentir seguras gravando. As que nos apoiades día a día para que este proxecto siga florecendo (GA) O “Romancillo de Palmira” é un tema moi coñecido dentro do repertorio cantado español e galego. Popularizouse na primeira metade do século XX e conta a historia de Palmira, unha rapaza que deixou o seu pobo e marchou a Madrid para buscarse a vida namorando dun fotógrafo. Na canción orixinal critica e mófase da decisión da protagonista de deixar a súa vida “preestablecida”no pobo. Na nosa versión fala Palmira, nun desexo de se reafirmar como persoa libre de facer e de ser.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.