238
Publicado o 2025-06-12

✨Tríadas dos Soños - Os Carunchos✨ Acompañamento visual dun poema de Manuel María musicalizado no noso disco "Unha Gorxa chea de Paxaros". Agardamos que vos faga soñar... ? Os meus soños veñen, van dende a casa do Correo deica a horta de Xoibán. O meu soño avanta, corre dende os toxales da Agriña ata os vilares da Torre. Os meus soños caladiños saben das falas dos ventos e do roular dos muíños. Ouh meu soño, namorado: ¡sabes da rosa alcendida e do ar máis delicado! Gabriela Maira Roibás (pseudónimo de Manuel María) Escolma de poetas de Outeiro de Rei (1982) ------------------------------------------------------------------------------------------ Direción e montaxe: Gabi Vacaloura Cámara e animación: Sandra Romero e Víctor Rívas Deseño artístico: Isaac Teniente Mestura de son: Isaac Millán

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.