arderse, o 3º fascículo do novo EP de Fillas de Cassandra “hibernarse”, xunto ao dúo Caamaño & Ameixeiras xa dispoñíbel en todas as plataformas Interpretada e composta por Fillas de Cassandra e Caamaño & Ameixeiras Voz e piano x María Pérez Voz e violín x Antía Ameixeiras Voz e percusión x Sara Faro Acordeón x Sabela Caamaño Produción musical | Greta Ch´aska, Mumbai Moon, Fillas de Cassandra Mestura e master | Brian Hernández Dirección de vídeo | Santi Iglesias, Sergio Cora, Fillas de Cassandra Xefa de producción | Elvira Zapata Vila Aux produción | Jose Manuel Valeije "Chuchi", Guadalupe Martínez San Juan “Lupe" Cámara | Jacobo Areal Iluminación | Alan Grey Foquista | Pablo Tuche Edición de cor | Mario Lorente Dirección de arte, escenografía e estilismo | Lara Caeiro Equipo de arte | Sara Casanova, Sergio Barba Equipo de estilismo | Olaya Rodríguez, Sergio Barba Eléctrico | EKC Eloy Krook Extra | Vanesa Deibe Idea orixinal | Fillas de Cassandra Acompañamento | Tremendo Audiovisual Selo: Boa Música Europa, Altafonte Music Spain LETRA: Onde van os soños cando acende o sol? Onde os meus olliños e esta vida miña? Cando no meu peito toque o apagón Eu porei a calma, vós as estampidas Que pasa co eco desta voz? Perde o ritmo que xa baila co pasado Non quero de volta o tempo que marchou Nun pulso co pulso, quen tería gañado? Féchame a porta ao marchar Que se me escapan as horas de máis Féchame a porta ao marchar Que se me escapan as horas de máis Féchame a porta ao marchar Féchame Féchasme a porta ou que? Nos vosos reloxos non me podo ver A pel meteorito e o corpo iceberg Eu quérome ver nun tempo varado No que ollas ao ceo, xa temos pasado E xira que xira, a verdade é mentira Só sei que é de noite, mañá é de día Que medra o cabelo, que sandan feridas Que ao tempo que pasa chamádelo vida E xira que xira, a verdade é mentira Só sei que as estrelas aínda mortas brillan Que a terra que treme xa queda durmida Que o tempo me arde e quéimame a vida E xira que xira E xira que xira Nos vosos reloxos non me podo ver A pel meteorito e o corpo iceberg Eu quérome ver nun tempo varado No que ollas ao ceo/ Árdeme o eixo, árdeme o carro Arde o que fun, o que son, o pasado Árdeme o eixo, árdeme o carro Arde o que fun, o que son, o pasado Árdeme o eixo, árdeme o carro Arde o que fun, o que son, o pasado Árdeme o eixo, árdeme o carro Nos vosos reloxos non me podo ver A pel meteorito e o corpo iceberg Eu quérome ver nun tempo varado No que ollas ao ceo/ Déixame o tempo arderse Déixame o tempo arderse Déixame o tempo arderse