Música: Xosé Romero Letra: Eclíptica Orbita (Maruxa Miguéns) Adaptación: Carapaus Gravación música e voces: Pablo Langa no estudio Xirín Cámara: Serxio Duro Editor de vídeo e cor: Serxio Duro Guión: Gustavo Couto. Coreografía e Bailadora: Iria Calvar Colaboración especial: Eclíptica Orbita (Maruxa Miguéns) Carapaus: Cristina Cotilla, Gustavo Couto, Iago Camaño, Pablo Fernández, Oli Xiráldez e Uxía Cabanas. Gravación de vídeo: A cociña de Maruxa e o Museo do Pobo Galego. Letra: Eu querer quéroche ben, lévote no corazón. Soio me falta saber, se ti me queres ou non. Se ti me queres ou non, eso quixera eu saber. Se ti me queres a min, eu tamén che hei de querer. Non me deixes queridiña, non me deixes meu amor. Non me olvides queridiña, prenda do meu corazón. Miña flor meu caravel, non sei que estabas pensando. Casaches cun home vello, e a vida foise acabando. E a vida foise acabando, porque casaches con él. Non sei que estabas pensando, miña flor meu caravel. Non me deixes queridiña, non me deixes meu amor. Non me olvides queridiña, prenda do meu corazón.