1.9K
Publicado o 2015-01-02

Sra. Eurosia e outras veciñas. Alén, Xirazga, Beariz, OU Ás beiras do río Doade atopamos un dos lugares de Ourense máis visitados polos recuperadores de tesouros... No lugar de Alén coñecemos, e aprendemos, da Sra. Eurosia e outras veciñas tanto soltos como agarrados. Jotas, muiñeiras, pasodobres..., e o tremelique. Na jota e na muiñeira que recollemos aquí, destaca o salto, aparentemente sinxelo, que reproducen neste lugar após da copla. Paraxe para degustar, tanto co ouvido, como co estómago e a vista... Aproveita, se visitas o lugar, para facer unha das moitas rotas de sendeirismo, e desfrutar, de poder, dunha boa pandeiretada! Con esta pandeiretada decidimos gravar o noso primeiro vídeo clipe "oficial". Gravado no local coruñés A Repichoca, da mao dos fotógrafos e amigos Juan Luis Rua e Luisa Patiño no mes de santos (novembro) de 2014. Participaron unha série de amigos e amigas, aos e às que queremos agradecer, de todo corazón, a sua participación. À nosa família d'A Repichoca (Checha, Noa, Chúri e Chéli), que fan da sua casa a nosa. A Checha, por facer de Checha. A Xela, por facer de Xela. Aos bailadores (Marta, Natália, Iago e Esteban), aos madeiros (Alejandro e Ramiro), e a quen lles permitiu ser madeiros, Paco. Aos que vos achegastes ali, aquela tarde-noite na que habia un derbi entre unha equipa merengue e outra blaugrana, dando azos e calor, contra todo pronóstico....A Juan Luis e a Luisa, por estardes sempre aí, e sacar sempre o mellor de nós... Para acompañar o alumbramento do noso segundo traballo discográfico, baixo o título de Mátria.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.