2.5K
Publicado o 2018-12-16

Seguimos con “As Verbas Da Rúa” unha serie de videos de diversos artistas do noso panorama.

E nesta entrega #3 o noso artista convidado é Xabito Emsi desde Catoira.

Dito artista, pertencente ao selo A Corredoira Estudios, irrumpiu este ano nos nosos oídos cando publicou “Galiza”, o seu primeiro EP, que inclúe os temas de denuncia social e protesta titulados "Galiza", "Denuncia" e "Polbo á feira", todos con instrumentais de Nasty D.

Tras isto sacou outros temas e entre eles, nós temos a sorte de presentarvos este inédito en exclusiva.

Canle de A Corredoira Estudios: https://www.youtube.com/channel/UCLW1...