1.9K
Publicado o 2019-04-13

Como un vórtice de inflexión, así nace Turoqua o primeiro proxecto en solitario de Marcelo Dobode, traspasando as fronteiras da tradición para elevar novas melodías á vangarda da música, onde as etiquetas, non teñen cabida.

O concepto de Turoqua, sorprende, impacta, pero ao mesmo tempo, agarima. Intensidade sonora na calma poética dos retrousos da creación colectiva e nos compostos polo propio Marcelo.

Para esta primeira aventura rodease dos máis salientables músicos da nova escena galega Adrián Saavedra (arranxista e productor, teclados), Felix Rodríguez (percusión) Ramon Orencio (Mon)(guitarras), Xacobo Prieto (baixo)

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.