724
Publicado o 2020-03-30

Nesta entrega #10 a nosa artista convidada é Nadie González do colectivo Yimi You Rek baixo un beat de Petrowski. Desde Vigo, onde reside o colectivo Yimi You Rek, traen este número 10 para As Verbas da Rúa. Dito colectivo está asentado actualmente en Candeán, aínda que conta con raíces en Gran Canaria. Entre as integrantes destacan na nosa lingua Kave Gz, Ánima, Tuxki Camaño, Brash, entre outras que o conforman. Neste caso, a artista Nadie González que apareceu hai 2 anos, deixonos varios temas relevantes como "Polviño de fada" ou "Outra matria". Neste video poderedes ver unha mostra da súa calidade e potencialidade. Produción instrumental: Peter Petrowski (Ezetaerre) https://www.youtube.com/user/PetePetr... Mastering, mestura e gravación en Yimi You Rek https://www.youtube.com/channel/UCzQm... Audio final pertencene ao documental "Las que faltaban" de Mafalda. Podes ver o resto de números deste proxecto aquí: https://www.youtube.com/playlist?list...

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.