344
Publicado o 2021-03-02

O décimo programa desta nova temporada de GZmúsica TV foi gravado en xaneiro de 2021. No décimo programa deste tempada de GZmúsicaTV, Patty Castro, de Mulleres Galegas Kañeras, fai un repaso da traxectoria dos Ith, que nos presentan o seu novo disco, "Frear o momento". Achegámonos tamén até Valadares para coñecer as novas fusións da música tradicional con Oîma e Fransy, Davide e Cibrán. Antes de ser subido á nosa canle de Youtube, o programa foi emitido por Nós TV na súa canle dixital, na plataforma R.