294
Publicado o 2017-03-05

Comezamos a terceira Temporada de GZmúsica TV. A pasada fin de semana fomos gravar a Chantada, ao Castañazo Rock. Nesta décimoterceira edición do Castañazo estivemos con Sés, Liviao de Marrao, Dios Ke Te Crew, La Gossa Sorda, Berri Txarrak e Paddy and the Rats. E tamén nos Cantos de Taberna e nos Xogos Bravús, claro. Aquí tes un programa enteiro dedicado ao que aconteceu na vila do Asma o 31 de outubro de 2015.