Videoclip do Tema "Canto de andar o camiño" do primeiro traballo discográfico de Nelson Quinteiro: "Orquesta GHARBO!"Este vídeo debería titularse "Entre Cicloxéneses", porque de verdade que foi unha odisea atopar dúas horas de tregua entre borrasca e borrasca, a golpe de 1 de febreiro, para poder gravar este videoclip no coruñés barrio de Montealto, que ate disfrutou dunhas inéditas raiolas de sol.A música do clip é o "Canto de Andar o Camiño", tema que abre o disco "Orquesta Gharbo!" de Nelson Quinteiro.Neste vídeo interveñen Maria Faltri, Alex Lorenzo, Fran Castro, Marcos Aboal Vazquez e a colaboración especial de María Manero, Marïa Polo, Farisea EA, Olaia Otero e Rebe Vázquez Castro e Koldo Gomila.O traballo é obra de Raquel Pedreira e de Diego Jiménez (Tutanpancho Producciones) e queremos agradecer encarecidamente a colaboración dos bares "O Aperitivo", "T59" se sobre todo ao bar "Olímpico", por aturarnos, querernos e mimarnos al longo destes anos! Grazas a toda a xente que, de pasada, aparece no noso vídeo, apertas e moito "gharbo!"