1.9K
Publicado o 2014-03-28

O grupo de rap organico de galiza "Som do Galpom" apresenta tema de reggae "Rosa Do Deserto" em directo na Sala Capitol em galizaSom: Xaime TilvesImagem: Oroboro FilmsMusica: Som do GalpomEternos os latexos dun corazón rachado por ti, perdín noción do tempo que fica quedo e neste inverno non pasarei máis frio deitado no teu peito sentí-la vida que xurde dos teus beizos. Que broten fantasias aqueles sentimentos ansias, noites en vela sen amencer para que ti non marches entende-me que non podo ser nada se non teño a ninguén a quen querer, acariciando a tua pel ; unha cordura madura a tua doce tortura que ti me das eu tamén soñar despertos no leito do pracer...E ti es aquela rosa do deserto !E ti es aquela, e ti es aquela, e ti es aquela... a rosa do deserto !Esquenzo o que fun teus bicos un veneno, poderes feiticeiros que anulan o meu seso cando te vexo morro con ganas de ter-te perto impídes-me que pense, que actue con acerto; levando-me a un lugar sen precisar máis nada apreta a miña man no sítio onde estamos abrazados non chegará o final. Rematan pesadelos contigo uns sentimentos verdadeiros que queiman na fogueira do noso esquecemento, por iso; mentir seria dicir : que non te quero; mentir seria decir que non te quero...Como te quero !

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.