3.5K
Publicado o 2015-04-27

11 de xuño 2015 no Salón Teatro (SCQ)Neste 2015 Roberto Sobrado cumpre 20 anos facendo as cancións que foron dando forma xa a 4 discos de estudo co seu grupo. Atlas de anatomía é o nome do quinto e témolo a puntiño. Queremos facer a unha presentación especial, cunha banda reforzada para a ocasión, colaboracións estelares e gravación en directo do evento para a súa publicación online a posteriori.Na banda base seremos os de sempre: Rafa Campoy (guitarra eléctrica), Gustavo Fernández (baixo), Germán Daponte (saxo tenor e alto), Paulo Silva (batería) e Roberto Sobrado (voz e acústica) pero estaremos reforzados con varios músicos da última formación de Os Resentidos a data de hoxe: Pablo Vidal (dirección musical e baixo), Rubén Losada (saxo barítono), Manu Payno (trompeta), Javier Soto (guitarra eléctrica), Anxo Graña (gaita) e Piti Sanz (mandolina)Aproveitando esta circunstancia, imos render tamén unha pequena homenaxe á banda viguesa dos 80 e para iso contaremos coa colaboración do seu líder Antón Reixa. Outros convidados asegurados para a presentación do disco serán Abe Rábade, Carlos Blanco, Xosé Constenla e O Leo e Arremecághona pero estamos seguros de que a lista será moito máis longa.