2.9K
Publicado o 2017-04-02

ARIFI, é un proxecto de músicas de raíz/fusión, de recente creación. Aínda que nace en Galicia, a banda está formada por músicos de moi diversas orixes de procedencia como Venezuela, Bielorrusia e diferentes cidades de Galicia, a parte de contar con colaboracións de músicos de terras mediterráneas, como Ramy Malouf, flautista libanés. E é cara a este mar, o Mediterráneo, ao que mira a música de Arifi, xa que fusionan músicas de raíz, prestando maior atención ás músicas do norte da península, con ritmos e sonoridades árabo-andalusís e outros ritmos máis actuais, a parte da creación de temas propios.
O grupo está a recibir unha moi boa acollida entre o público e crítica e con tan só un ano dende a súa presentación, xa actuaron en salas, festivales e teatros da península (Teatro de Barakaldo, Sala Altxerri Donostia, Centro Niemeyer Avilés, Festival Bugo Jazz, Noite Branca Vigo, etc). A clave do seu éxito está na orixinalidade do proxecto, a atractiva sonoridade e a posta en escena onde a danza oriental/fusión ten unha presenza importante.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.