3K
Publicado o 2017-06-29

Descarga de balde: http://ezetaerre.com/ Contratación: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. (617888186). Gravado, mesturado e masterizado por Iago Pico en Pousada Son Studios. Letra por Garchu, Pirola e Petrowski. Instrumental por Petrowski e Underclock. Trompeta e guitarra por Alberto García. Coros por Alicia Alonso, Marta Sánchez, Alberto García, Sara Marchena e o Leo de Matamá. Sample: Boadicea (Enya, The Celts) Videoclip realizado e producido por Alicia Alonso como Traballo de Final de Grao para o Grao en Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña. Agradecementos: Manolo Fan, Pedro Galbán, Brais Díaz e o Exército de Liberación Estival (sección Piñor). - Instagram: https://www.instagram.com/ezetaerre/ - Twitter: https://twitter.com/ezetaerre - Facebook: https://www.facebook.com/ezetaerre/ Letra: Despois de tanto frío xa tardaba este verán E invaden a terriña eses turistas alemáns Mollando a sardiña nun cacho de pan Que aquí non se pide paella, paspán Non son illas Caimán este grande paraíso Aínda que o queiran converter noutro luxo para ricos Cemento e pelotazo, tópicos tan típicos Galiza tropical éche sitio distinto Noite, lúa, estrelas sobre a area Berrarlle a ese pavo que está a roncar na sesta Perreo salvaxe co son das orquestras Nin piche no mar, nin lume na foresta Protesta! Que xa chega o trebón Que non te pille vendo a televisión Dá noxo o seu xogo de especulación Outro desaloxo, outra okupación Pintarmos nas nubes lembranzas e soños Volta á rutina, non quero máis choros Coidarnos, vivirmos sen pensar no como Se temos apertas que agarde este outono Balcóns e turistas moi ben non casan Non sei se é un paxaro ou é un avión Pronuncias Sangenjo con aires da Castellana? Vas ir directiño a un gulag en Benidorm Non é verán de Estrella Damm É o verán da working class Collimos forzas todo o ano para expropiarlles o verán Nós non imos a Cancún que a pasta non sobra Toca traballar, nin cruceiros, nin tumbonas Queremos que a Solana sexa pública pra todas E se isto non se arranxa... Bomba! Queda ti no iate, eu na praia ao atardecer Nadando en San Amaro cun frío que corta a pel Outro festival no que se pon a chover E o cabrón do Antonio que non pensa aparecer No

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.