1.3K
Publicado o 2017-11-22

Contratación: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. (647225231).

Gravado, mesturado e masterizado por Iago Pico en Pousada Son Studios.

Letra por Garchu, Pirola e Petrowski. Instrumental por Petrowski.

Trompeta por Alberto García. Violoncello por Manuel Fernández. Trombón por Paula López. Violín por Marta Sánchez. Vídeo por La Gleyzer Films.

Letra: Vivo está o orgullo do noso pasado No digno alegato dos oito en Chicago Mil veces caímos, mil que nos alzamos París cheo de sangue ao final dese maio Ensaios dun tolo que a un pobo alumean A esencia do Estado obreiro e campesiño A folga en Berlín sen tregua que berra Que elas son donas do propio destino Non fica no olvido a Brigada Lincoln A Unión en Asturies entre o grisú Gayoso e Seoane que adican na cela Un escrito a quen teima pese a cada obús Milicias senlleiras dan guerra na fronte Ao fascismo que acaba asinando a súa esquela As estrelas acubillan ás Bruxas da Noite Bandeiras vermellas conquistan o Reichstag Chinesas que cultivan entre os campos a xustiza A afouteza clandestina que transmite a Pirenaica A contenda de Corea fronte a besta imperialista Mussolini pendurado pola forza partisana Batista derrocado por unha guerrilla armada Viaxes solidarias no diario de Guevara O heroico da toma ao cuartel da Moncada Un novo espertar entrando na Habana Lembrar, honrar, todo por conquistar É polas que foron, as que son e as que serán O motor da historia, o empurrar popular Lembrar, honrar, nas nosas vidas Golpes, caídas, desaparecidas Lembramos o nome de toda heroína Lembrar, honrar e nunca desistir En Moscú, en Berlín, na defensa de Madrid Librouse a batalla que nos trouxo ata aquí Lembrar, honrar, sen tempo que agardar Rachando as cadeas, un mundo por gañar Xuntando camiños na vitoria final Tempos complicados tamén na Guerra Fría Potencias mundiais xogando a ser espías Ditadores colocados pola CIA Chicago Boys destrozando economías O cóndor controla as nosas aldeas Mais non se decata da nosa afouteza Simone de Beauvoir con novas ideas Sacade da cadea a Nelson Mandela Pantera Negra reclama liberdade Picasso pintando no lenzo a Masacre Vietnam que resiste ataques do xigante Dos que financiaron a Osama Bin Laden Nin tanto mantra, nin tanto monta Mentiras do PSOE cando di que non á OTAN E Pablo Escobar facendo negocio Coa vida do pobo que segue na loita Non digas que no Estado foi modelo a Transición Corenta anos despois aínda temos represión Modelo son as folgas das mineiras do carbón Modelo é Stonewall vencendo á opresión Modelo é Portugal, que crea un novo abril Estudantes consecuentes arrincando adoquíns A revolta cubana de Vilma Espín O muro antifeixista de Berlín Retrouso Nacimos nos escombros dun mundo sen muro Matar a Gorbachov invádeme de apuros Disolver á URSS non merece honra algunha Yeltsin, bailarei na túa tumba Fillas dos 90, do conto da infamia Vimos a Latinoamérica xurdir da rabia Xaneiro en Chiapas pra chegar a Venezuela Chávez ergueunos desta noite en vela Veña, que o imperialismo non descansa Primeiro Afganistán, despois foron por Irak E de postre, as Torres Xemelgas Bush celebra a morte de miles de obreiras A guerra como arma dun sistema en crise Durmindo nas prazas soñando imposibles Contra ao capital nas folgas xerais Loitamos nas praias, berrando Nunca Máis Mais tampouco tragamos con toda rebelión Ou con Al Assad, ou co DAESH, cabrón Prefiro a Gadafi que a primaveira ianqui Sei que en Ucrania hai un goberno nazi Sen resignarnos lanzamos a ofensiva Fóra Temer do Brazil, fóra Macri da Arxentina Dando a cara, resoltas a vencer Porque de nós depende “A insurreción”, o “Que facer?” Retrouso

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.