2.1K
Publicado o 2017-11-23

Descarga de balde: http://ezetaerre.com Contratación: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. (647225231).

Gravado por Iago Pico en Pousada Son Studios (Ames, Galiza) e por Kosta Vázquez en Oasis Estudios (Vallekas, Madrid). Mesturado e masterizado por Iago Pico en Pousada Son Studios. Letra por Garchu, Pirola e Petrowski. Baixo, guitarras, batería e coros por Satxa. Ventos e coros por Banda Bassotti.

Vídeo por La Gleyzer Films. Agradecementos: Emiliano Cossini, Iria Rodríguez.

Letra:

Revolta en cada rúa, nas fábricas e escolas Pechemos ben as filas pra ser unha soa forza Tensaron moito a corda, isto non ten volta Como a loita do Potemkin empurrada polas ondas A razón que trona, que nos guía ata a fin Teño gravada baixo a pel cada Tese de abril Non quero zar nin rei, nin tampouco resistir Quero a toma do poder pra conquistar outro porvir Non deamos descanso a banqueiros nin empresarios Tampouco ao Estado asasino de Santiago Maldonado Que as escravas e escravos son quen fabrican os cravos Eles fan o cadaleito, nós imos apuntalalo Borrando o seu sorriso pra velos tremer de medo Soviets e sindicatos creando poder obreiro Paso a paso a lume lento temperando o aceiro 100 anos despois vai tremer o mundo enteiro Son cen anos xa e moitos máis virán Seguimos en pé de guerra pola paz, o pan e a terra Tecendo loitas con afectos no fío vermello Que percorre a historia no camiño ata a vitoria Entre tanta violencia, con este cheiro a napalm Fagamos do presente unha nova esperanza Situación de emerxencia, loita de vangarda Gardemos todo o futuro nunha tabula rasa Ezetaerre na casa que berra Nunca Máis Defendendo terra e monte coa máscara antigás Tendo en conta que na vida xa non hai volta atrás Que o noso capital está nas propias mans Rimas feitas polo pobo e para o pobo No meu bando non hai sitio para fobias nin bobos Só para tolas e tolos nesta boca do lobo Que sexan o xermolo doutro mundo novo Nos coidados e no apoio temos a afouteza Para gañar esta vitoria ao seu sometemento Agardade ese momento, seguide na certeza De que máis cedo que tarde rodarán as súas cabezas Retrouso Inquedanzas, quimeras, pura autodefensa O mellor do mundo novo está nesta trincheira Xa vivín con comunistas dos cinco continentes Aprendín das amarguras e chorei polas ausentes Sempre na mente a dor da xente Senón deixa paso á seguinte valente A Milagro Sala, a Juana Rivas Aquí hai dous bandos, non diferentes perspectivas Non esquezo aos Mossos golpeando compañeiros Fala catalán, pero Trapero é un madero Organicemos as filas contra o réxime do 78 Nós non queremos un trozo do biscoito Ler máis, máis firmeza na acción A clase obreira tomando o timón Contra a Unión Europea, a OTAN e o IBEX Programa mínimo, ruptura e proceso constituínte Retrouso


Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.