“12 meses, 12 punchis” Decembro, bola doce.
Punchi Punchi é a duodécima e última cantiga que presenta “A Compañía” neste ano 2017. Queremos rematar este proxecto cun clásico da banda.
Fai 15 anos comezou a Compañía do Ruído, e o fixo con este tema que en distintas ocasións foi contando as vicisitudes do noso querido mantido Felipito VI. Primeiro foi o chapapote, despois cambiou a intocable constitución para a súa filla, e agora xa goberna con todos os privilexios ganados democráticamente.
Con esta adaptación que mostra a evolución durante o ano da banda pechamos o proxecto e a triloxía do rei dos reis.
Obrigado a Suso da Pousada das Ánimas e Angel Ramallo pola súa axuda. Gravado no Estudio A Ponte por Tomás Ageitos. Masterizado polo Dr. Chou. Producción de vídeo a cargo de Pablo Chouza.
Saúde e bos alimentos. O Punchi Must Go On!!