Semana das Letras...e da música!

Seica este ano homenaxean a Valentín Paz Andrade no Día das Letras...muito ben! Nós faremos como o Faro de Vigo e La Voz de Galicia e publicaremos a nosa portada en galego :P E de paso, celebraremos o 17 de maio de troula. A Axenda desta semana vén cargadiña de cousas bonitas. Levanta o cú do computador e vaille botar unhas pezas!!!!!


A cousa comeza hoxe 16 de maio. E comeza forte. Pola banda do Morrazo, temos A Compañía do Ruído preparadiña para arrasar con todo no Aturuxo. E xs supervivintes pódense achegar venres e sábado até o adro de San Pedro, en Darbo – Cangas, para o II Festival San Cidre. Tamén o 16 de maio comeza o Festiletras. Triséxima edición deste festival en Ponteceso que programa música e literatura até o domingo 20.

Na Coruña, o 16, Premios de música folk de La Opinión. Mónica Nut no Porriño, os Guezos no Marrucho de Baiona, Chotokoeu na Iguana,...

O 17 comeza o Reperkusión. Este ano, con novo emprazamento: Bemposta. Din os que estiveron a traballar aló preparándoo todo, que o recinto quedou mallado para os 3 días de troula. Gzmúsica estará botando unha ollada. Xa vos contaremos como foi a cousa.

O venres, aCentral Folque prepara petiscos musicais en Espasante. Samesugas no Atu de Bueu e Zënzar na Karma de Pontevedra. Familia Caamagno andarán bourando por Fisterra e o mellor ska galego, Dandy Fever+ Transilvanians, estará na Coruña. Seguen tamén Reperkusión e Festiletras ofertando calidade venres e sábado.

Sábado Terbutalina+F. Caamagno estarán en Carballo e Cuchufellos en Maceda de Trives. Pao de Buxo en Silleda e no Freixo, Valadares-Vigo, hase celebrar a Festa Homenaxe a Juan de Freixo, que rematará co Freixo Rock á noite.

Queres máis?? Domingo á mañá haberá Obradoiro de Instrumentos Vexetais en Pontevedra e xs máis valentes poden rematar a troula cos Zënzar no Aturuxo...nós prometemos ir!!!


IR Á AXENDA DA SEMANA

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto