Transilvanians no Salasón

Transilvanians viñeron presentar ao Morrazo Kings of catacomb reggay Tour 2013, a xira de presentación do seu novo traballo. Aquí vos quedan crónica, vídeo e fotos do concerto dos de Vigo, que achegaron ao Salason a súa mestura de ska e reggae. Bótalle unha ollada á fantastica reportaxe de Lety GF!

O pasado xoves 16 de maio, véspera do día das Letras Galegas,  parte de GZmúsica quedou ao ladiño da casa, no propio Morrazo. A outra parte igual nin saíu da casa, que coa noite que estaba ben apetecía quedar no sofá cunha manta vendo unha boa peli ou traballando un pouquiño no portátil. Máis achegueime ata o Salason (Cangas), que para un día que que hai un concerto dun estilo que me encanta, non podía quedar na casa...e logo queixarme de que nunca traen nada do meu gusto!  

A cita era pra ver a banda viguesa, formada xa vai preto dunha decada (alá por finais do 2004), Transilvanians. Cruzaban a ría para vir presentarnos o seu último disco "Kings of catacomb reggay", recén sacado do forno( tan fresco estaba que non deu chegado a Galiza a tempo...) .
O longo de estes anos a banda mudou bastante de compoñentes, os cales eran chegados dende diferentes estilos musicais como Skacha, Siniestro Total, Os Resentidos, etc. Agora mesmo algúns dos compoñentes compaxinan esta banda e outras como Dakidarría ou Zamaramandi entre outros. O que os une é o gusto polo xenero de terror e serie B e a paixón que teñen por estilos como o soul ou o R&B e sobre todo o ska da vella escola, o rocksteady e o early reggae xamaicano. Precisamente esta orixe xamaicana serviu para dar nome a este disco,  guiño a canición "Do the reggay" dos Maytals. Para os que non o saibades, contarvos que o guiño (reggay) a este estilo de finais dos 60, tamén é o orixe da palabra reggae.
Como sei que moitos seguides co chip da formación antiga, preséntovos a formación actual da banda. Seguen ao pé do cañón dende hai anos Kino (Little Cobra) á batería, Xabier Viéitez aos teclados e Antonio Rodriguez ao trombón.  A guitarra atopamos a Javier Vicente e a voz e os timbais a Javier Marcos, e ademáis desta atopamos dúas incorporacións inesperadas, Nestor Meizoso ao baixo e Pedro Fariñas ao saxo.
Ao principio, agás un par deles,  os seaeiros estaban ben apajadiños, parecia que se achegaban ata adiante lles ían morder. Mais pouquiño a pouco fóronse achegando. Mentres, a banda amosaba algúns dos temas do novo disco como "Lobishome", "Charlton Heston", a que abre o Ep "The crypt" ou unha versión da canción dos Melodians "Sweet sensation".  Algún, palabras textuais de Kino, tan novo que nin sequera gravaron aínda como"Reggaemotion". Tamén outros temas que xa estamos más habituados a escoitar como "Kampuchea", "Behold", "Lon Chaney", "My girl", "kung-fu master",  "O rebullón", algunha versión dos Clash ou "Once upon a time" entre outras. E como pasa sempre...a metade do bolo a xente xa comeza estar animadiña movendo os pes a ritmo xamaicano. Pode que influídos polo son limpo e a boa acustica da sala, pero o rematar o concerto piden máis! E si, fíxose pouco, pero quen quedase con ganas podia repetir ao día seguinte en Vigo. Ou se se vos pasou e vos fixen as ganas aínda tedes a oportunidade de ir á Taberna Marrucho (Baiona) o 25 deste mesmo mes.

Aquí tedes 4 temas dos Transilvanians no Salason:

Fotos, crónica e vídeo de Lety GF

Se queres, coas iconas dos recantos superiores da presentación de fotos, podes escoitar un tema dos Transilvanians e/ou ver as fotos en pantalla completa. (Canción das fotos: Transilvanians, EP: Kings of catacomb reggay, Track: Charlton Heston)



Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto