Vento Rock (17/10/15)

Pasa o verán e seguen os festivais por todo o país. E aló segue Lety GF coa mochila ao lombo, percorrendo Galiza para vos traer fotos, vídeos e crónicas do que acontece polos escenarios dos festivais alternativos galegos. Eis a crónica da súa visita a Ventosela o pasado 17 de outubro, para o Ventorock 2015, polo que pasaron Síndrome del Norte, The Marveltons, Liviao de Marrao, Eskornakabratua e DJ Niko. que vos preste!

O pasado 17 de outubro tocou quedar polos arredores. A idea era ir a Ventosela ao Ventorock, pero xa de paso despois de comer aproveitamos para pasar por Rande que a ADC Rande facía a II Festa da conmemoración da batalla de Rande. Por aló atopamos algunha cara coñecida e bastante xente vestida de época. Pouco andamos por aló pero puidemos ver parte da representación e o Meirande (Centro de Interpretación da Batalla e o Patrimonio Cultural de Rande). Mais despois de saciar a sede xa aproveitamos para arrancar cun chuvasco.

No curto camiño de Rande a Ventosela caíunos unha boa, mais xa contabamos con iso. Xa en Ventosela puidemos ver como a organización se enfrontaba aos atrancos coa electricidade, debido a toda auga que por aló había. Polo que fomos a descansar o corpo á espera dos concertos da noite.

Encargáronse de abrir a noite os redondeláns Sindrome del Norte, co seu tributo a S.A.  A parte de siareiros de SA estes tamén trouxeron consigo unha manda de xente.

Despois as The Marveltons, que mudaron ben de terzo, pasándonos dende o rock & roll ao soul ou ao funky, e ata pasando por algún tema que persoalmente me volve tola como o Monkey man. Sen dúbida outra cousa non, pero bailar con este grupo a xente fíxoo, e ben.

A continuación os chantadinos Liviao de Marrao viñan dar unha boa dose de bravú. E quentar motores para a semana seguinte presentar o seu novo disco Que cada cão lamba a sua caralha.

Para rematar coa tanda de concertos viña o punk de cortello tamén xogando na casa. Máis os Eskornakabratua trouxeron invitados especiais, os cales podedes ver nas fotos porque o que é escoitalos... non poidemos ata que o cantante lle pasou o seu micro a un deles xa que os técnicos lles tiñan totalmente capado o son... e a sabendas xa que houbo quen se achegou a comentarllo.  A verdade pareceume de pena ver a 2 tios tocando no escenario, un deles incluso con cara de desgañitarse cando se achegaba a cantar no micro e que non saíse son nengún do que viamos. Polo que unha boa forma de rematar un pouco de mala leche un concerto que canta a Cospedal que os seu 50 non está tan mal entre outros hits.

Os concertos remataban, máis aínda quedaba DJ Niko, un dos moitos millo-verdianos que se achegaron ao Ventorock.

FOTOS DOS CONCERTOS

VÍDEO RESUMO


TEXTO, FOTOS E VÍDEO:  Lety GF

Non podes engadir comentarios

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto