Esquíos publican o seu primeiro disco ao vivo

A banda estradense Esquíos vén de colgar na rede o seu primeiro disco ao vivo, que non é outro que o concerto que co gallo da presentación do seu CD/LP "Galician carraxe on garaxe". Foi o 19 de maio na Sala Capitol de Compostela no ano 2010, e o concerto foi gravado e emitido en directo pola Radio Galega Música a través do programa Planeta Furancho. Podes descargar o disco no interior do artigo.


Baixo o título de "Esquíos ao vivo!(Capitol)" podedes comprobar o que era a experiencia Esquíos en directo daquela, cun repertorio moi diferente do actual que inclúe 22 temas propios e unha versión de Radio Océano.


Máis info en www.esquios.com, no Facebook de Esquíos ou no Twitter (@esquios).

Dende aquí pode descargarse o disco

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto