A sorpresa de Rebeliom do Inframundo

Rebeliom do Inframundo apresenta novo traballo, A sorpresa. 15 temas de rap de corte clásico, de letras afiadas, rapeadas por O'Nervo, sobre unha base de bombo e caixa. Samplers e scratch da man de Dj Rapu. O disco está dispoñíbel por 5 €, podes conseguilo póndote en contacto por facebook co grupo. E se es dos que queres catar o xamón antes de o mercar, podes descargar un adianto con 3 temas no interior do artigo.


Mentres estabamos a redactar este artigo, enterámonos da entrevista que o blog música en galego lle fixo a banda. Nela falan do seu rap, onde o protagonismo recae nunhas letras cunha fonda carga de crítica ao sistema que padecemos, uns con menos resignación ca outros, como queda patente nun traballo que fala ás claras da situación actual e dos seus culpábeis. Síntese a carraxe por momentos, acarón dos scratchs, ultimamente pouco presentes no rap máis comercial pero tamén con peso no traballo. A seguir vos deixamos a info que nos pasou a banda para poder conseguir A sorpresa.

Por tan so 5 € disporedes dum formato fisico dum rap de qualidade !!  

CALQUER INTERESAD@ EM ADQUIRIR O DISCO podem contactar neste evento no facebook

Na páxina de facebook de TRACK ASEDIO 

Contactando no facebook de cada um dos 12 integrantes do colectivo e selo independiente Track Asedio,em Galiza Musica.

Pronto iremos colgando os pontos de venta do disco!! AGARDAMOS DISFRUTEDES DO TRABALHO!!

Vídeo clip de Politico cabrom



Os temas adianto pra descargar em mp3


Créditos do disco

Disco gravado na X-REC por EBANNI E MOVEMENTS
Masterizaçom a cargo de ESTUDOS DESAMPARADOS
Voz: O´Nervo - Scratch: Dj Rapu - Produçoms a cargo de Dj Rapu agas SKIT2 Produçom po EBANNI e PUTA POLICIA produçom por ACID-LEMON
Fotografia maquetaçom e desenho por ALBERTO LORA "HASKPRODS" INFINITO CLAN

" A S O R P R E S A " (Tracklist)
1-INTRO
2-POLITICO CABRON
3-QUE A CRISSE A PAGUE O CAPITAL
4-MERDA REAL
5-SKIT
6-CALABOZO
7-OUTRA BIRRA
8-NOM SABEMOS NADA
9-MC DE ASFALTO
10-SKIT2
11-PUTA POLICIA
12-26 MINUTOS
13-VIDA HARDCORE
14-DEIXA QUE FLUA
15-PENSO


Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto