Porcocan, o novo de Esquíos

Informabámosvos a comezos deste ano do proxecto de micromecenado que Esquíos botara a andar para lle dar xeito ao seu novo traballo, Porcocan. Conseguírono e agora xa están dispoñíbeis na rede para escoitar os 12 temas que compoñen o disco e o videoclip de O baile do parado. Escoita no interior deste artigo o traballo íntegro, unha boa posta de rock'n'roll sen imposturas de ningunha caste.

Xa está na rúa, de onde en realidade nunca saíu, o novo traballo de Esquíos, “Porcocan”. Un disco onde a aceda crítica social e o hedonismo propio do rocanrol máis irreverente mesturanse dun xeito natural e desenfadado. Unha montaña rusa de sensacións onde as líricas profundas e comprometidas apareanse con outras  triviais e divertidas, onde a velocidade e a melodía fundense de xeito íntimo e convidante a bailar de xeito descontrolado e irracional, sen esquecer que vivimos nun mundo inxusto que podemos mellorar entre tod@s se nolo propoñemos.
Soando máis potentes e mellor que nunca grazas a gravación ao vivo nos estudios Abrigueiro, chega o novo artefacto sonoro da banda estradense, un traballo sen fisuras no que incorporan voces femininas en varios temas e onde contan coa colaboración de varios amigos nos coros.
Punk-rock, garaxe, hardcore, rock.....ou “Porcocan”, que máis dá coma o chames, o caso é que existe e está aquí para vós!



{fcomments}

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto