O Puto Coro do Exército Froilanista presenta o seu Black Álbum

Onte, 17 de xullo de 2016, fixo 18 anos Filipe Xoán Froilán de Todos os Santos de Marichalar e Borbón. O Froilán, fillo da duquesa de Lugo, Helena de Borbón, e do grande Marichalar. O enfant terrible da terrible monarquía mais para moitas e moitos -do Partido Froilanista- único e lexítimo herdeiro da coroa do reino de Galiza. Para celebrar a maioría de idade -nominal, das súas capacidades e madurez reais non podemos dar constancia-, o Puto Coro do Exército Froilanista presenta a súa estrea discográfica. O seu Black Álbum, un disco mouro que fará as delicias de punks e republicanos mais do que se deben afastar as mentes delicadas, ben pensantes e monárquicas, que tamén as hai. Pasen e escoiten, antes de que algún xuíz ocioso decida prohibilo.

Punk, irreverencia e retranca fronte ao exterminio cultural e etnicidio calado ao que nos someten. O Puto Coro dálle a todo e a todas membras da familia real hespañola, bate nas conciencias e abanea a estrutura mesma da sociedade hipócrita en que vivimos. Galiza ceibe, Froilán rei. Escoiten se non:

E o Puto Coro tamén se atreve co vídeo:

{fcomments}


Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto