Vai polos Padriños!! Homenaxe (sorpresa) aos Zënzar

Este ano os padriños do rock galego cumpren 25 anos. Foi no Nadal do 88 no pub Non Sei onde subiron por vez primeira a un escenario. E por iso, -e por moitas outras cousas-, un bo feixe de bandas do país decidiron facerlle un disco homenaxe.


En segredo, un feixe de bandas do país (Machina, Deseqilibrio Mental, In Vivo, Som do Galpom, Nao, Pito de Pikasso, Balbordo Público, A Companhia do Ruído, Medomedá, Mr. Kamándula, Raiba, K-Raxe, Chícharo Psicótico, Os 3 Trebóns e os Homes Sen Medo, Secho e os Invisibles, Dios Ke Te Crew, Ruxe Ruxe e O Jallo Light) foron falando entre eles durante meses, argallando este disco que agora sae á luz sen que os Zënzar soubesen nada. Onte estreouse no Planeta Furancho o traballo en primicia, mais logo vai haber novas sobre o proxecto, permanezan atentos. Entrementres, se onte non estabas conectado ao Furancho, tes aquí o podcast.


Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto