Crowfounding de Esquíos

Os Eskíos botan man do crowfounding para a edición do seu sexto disco, Porcocan. A banda ten idea de entrar a gravar en marzo o novo traballo, nos Estudios Abrigueiro de Arturo Vaquero. Para conseguir o diñeiro preciso, escollen a vía do microfinanciamento desde Verkami, onde hai algún outro proxecto galego aberto, como o de Nao que está a piques de acadar o seu obxectivo a falta dunha semana para rematar o prazo.

Desde este luns 21 de xaneiro está activo o proxecto de crowdfunding para axudar a Esquíos a editar o seu vindeiro vinilo+CD e unha camisola coa imaxe do noso(agardamos que pronto voso) heroe favorito, e homónimo do disco: Porcocan!


Aquí tedes o vídeo presentación do proxecto, que rematará o seu prazo a comezos de marzo.


Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto