Esquíos presentan novo disco

Hai un feixe de novidades arredor de Esquíos. En maio estará dispoñible o seu novo traballo, 'Estamos aquí', que foi gravado ao vivo no estudio da Radio Galega. Onte mesmo estiveron a gravar o videoclip do tema 'Incomunicado', que tamén presentarán nunhas semanas. Polo de agora, déixannos un adianto do que será o novo traballo, co que ademais van xirar polo país.

O domingo 20 de abril Esquíos gravaron o videoclip do tema "Incomunicado", pertencente ao novo disco, "Estamos aquí",  que estará dispoñible en maio. Nove temas proprios máis unha versión galeguizada de Dead kennedys é o que ides atopar neste novo traballo, primeiro coa nova formación da banda. Velaquí un pequeno adianto do que vai ser o seu novo disco, con imaxes da gravación do traballo e do primeiro ensaio para a xira de presentación.

Lembrade que está gravado en directo no estudio da Radio Galega. Esquíos advirten de que "o que escoitades é o que se gravou tal cal, non hai retoques, nin plugins, nin ostias."


{fcomments}


Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto