Roberto Sobrado presenta o seu "Atlas de Anatomía"

O vindeiro xoves 11 de xuño, ás 21h no Salón Teatro de Compostela, Roberto Sobrado festexa os seus vinte anos facendo cancións coa estrea do seu novo disco.  Para a presentación de "Atlas de Anatomía" contará coa compaña dos REsentidos, aBe Rábade ou O Leo i Arremecághona entre outros. Este novo traballo protagonizou unha exitosa campaña de crowfounding, na que perto de 100 mecenas colaboraron na produción deste concerto-presentación que se ha desenvolver quinta feira en Compostela.

Neste 2015, Roberto Sobrado cumpre 20 anos facendo cancións. E que mellor maneira de celebralo que presentando un novo disco, o quinto xa!. E facelo ademais nunha compañía de luxo, o mítico grupo galego "Os Resentidos".

Será unha presentación especial na que, ademais de dar a coñecer os temas do novo disco, renderemos unha pequena homenaxe a esta mítica formación viguesa dos 80. Para iso, contaremos cunha banda reforzada con algúns dos membros da última formación de “Os Resentidos” Pablo Vidal, Rubén Losada e Manu Payno, e con colaboracións estelares de Antón Reixa e Javier Soto. Outros convidados asegurados son Abe Rábade, Carlos Blanco, Xosé Constenla e O Leo e Arremecághona.

 Podes mercar aquí as entradas para o concerto: 8€ xeral // 4€ (estudantes, parados, precarios e xubilados)

Éxito da campaña de crowdfunding

 93 mecenas, 2.730€ acadados para a produción do concerto-presentación do disco Atlas de Anatomía. Os mecenas fixeron achegas dende 5 a 500 euros. Segundo a contía, poderán descargar o novo disco “Atlas de Anatomía” ou os anteriores da  banda, conseguir camisetas, asistir á festa post-concerto o día da presentación, contar cun concerto acústico de 30 minutos para o seu aniversario e ata concertos privados de toda a banda.

"Atlas de Anatomía"

O novo disco conta con dez temas, entre eles un par de letras do poeta Jacobo Llamas e unha versión moi particular dun clásico. É un traballo cun son pop-rock-blues en galego onde, por momentos, a banda viaxa ao lado escuro do rock.

É unha reivindicación “resentida” e rockeira, un harakiri consciente pero non total ao cantautor que levan dentro.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto