Ruxe Ruxe celebra o seu 20 aniversario cun novo disco

O sábado 10 de decembro a banda de Aríns presentará o novo traballo na Sala Capitol de Compostela. O novo disco, 20 segundos, vén poñer o ramo a este 20 aniversario dos Ruxe, para o que xa publicaran un documental sobre a banda, Sempre Adiante, e que tamén celebraron co concerto do pasado 25 de xullo na praza da Quintana. 20 anos dos Ruxe que seica lles pasaron como 20 segundos e que queren celebrar coas seareiras este sábado en Compostela.

Ruxe Ruxe presenta 20 Segundos no ano do seu 20 aniversario. 20 anos nos que non pararon de tocar ao vivo nin de crear. Contan con 11 LPs no mercado (3 deles editados nos últimos 3 anos) e un feixe de cancións en recompilatorios e bandas sonoras. Este grupo de rock compostelán, o máis lonxevo en activo da cidade, é todo un referente da creación musical galega, movéndose sempre á marxe dos grandes poderes da cultura, das modas e do politicamente correcto, converténdose ano tras ano nunha das bandas senlleiras do punk-rock en galego con xa máis de 200 cancións orixinais publicadas.

 Co espírito de loita por bandeira, do rock do país, libre e de combate, do realismo máxico e do corpo a corpo sinceiro e emocional, a esencia dos Ruxe Ruxe queda patente en cada disco editado e en cada concerto que deron dende os seus inicios en 1996.

 Teñen tocado en incontables festivais do país e fixeron xiras que os levaron ininterrumpidamente polos mellores escenarios tamén alén das nosas fronteiras, sempre con moi boa acollida tanto polo público coma pola crítica. 20 anos que seica lles pasaron como 20 segundos, e é diso precisamente do que falan neste novo disco, de todas as experiencias vividas polo grupo neste tempo.

 Ademais deste novo traballo, Ruxe Ruxe quixeron celebrar toda esta vida cun documental sobre a banda estreado no 2015, ‘Sempre Adiante’, e un concerto moi especial o pasado 25 de Xullo para unha abarrotada Praza da Quintana durante as Festas do Apóstolo, onde repasaron todos os éxitos dende os seus comezos.




O 10 DE DECEMBRO A BANDA DE ARÍNS PRESENTARÁ O SEU NOVO TRABALLO NA

SALA CAPITOL (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

 

Ruxe Ruxe presenta “20 Segundos” no ano do seu 20 aniversario. 20 anos nos que non pararon de tocar ao vivo nin de crear. Contan con 11 LPs no mercado (3 deles editados nos últimos 3 anos) e un feixe de cancións en recopilatorios e bandas sonoras. Este grupo de rock compostelán, o máis lonxevo en activo da cidade, é todo un referente da creación musical galega, movéndose sempre á marxe dos grandes poderes da cultura, das modas e do politicamente correcto, converténdose ano tras ano nunha das bandas senlleiras do punk-rock en galego con xa máis de 200 cancións orixinais publicadas.

 

Co espíritu de loita por bandeira, do rock do país, libre e de combate, do realismo máxico e do corpo a corpo sinceiro e emocional, a esencia dos Ruxe Ruxe queda patente en cada disco editado e en cada concerto que deron dende os seus inicios en 1996.

 

Teñen tocado en incontables festivais do país e fixeron xiras que os levaron ininterrumpidamente polos mellores escenarios tamén alén das nosas fronteiras, sempre con moi boa acollida tanto polo público como pola crítica. 20 anos que seica lles pasaron como 20 segundos, e é diso precisamente do que falan neste novo disco, de todas as experiencias vividas polo grupo neste tempo.

 

Ademais deste novo traballo, Ruxe Ruxe quixeron celebrar toda esta vida cun documental sobre a banda estreado no 2015, ‘Sempre Adiante’, e un concerto moi especial o pasado 25 de Xullo para unha abarrotada Praza da Quintana durante as Festas do Apóstolo, onde repasaron todos os éxitos dende os seus comezos.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto